"Unha morte por unha enfermidade prevenible mediante vacinación debe ser considerada un fallo do sistema"

Investigadores de Santiago lideraron o "estudo prospectivo de cohortes máis ambicioso publicado ata o momento" en 98 hospitais de seis países europeos sobre enfermidades infecciosas graves


|

Pediatra


O pediatra e investigador do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS) Federico Martinón-Torres acaba de publicar o artigo Life-threatening infections in children in Europe (The EUCLIDS Project) na revista The Lancet Child & Adolescent Health sobre enfermidades infecciosas en pacientes pediátricos. 


O artigo fala do "estudo prospectivo de cohortes máis ambicioso publicado ata o momento", segundo explica o Sergas nun comunicado, levado a cabo en 98 hospitais de seis países europeos con datos clínicos de 2.844 nenas e nenos con enfermidades infecciosas graves, liderado a nivel nacional polo doutor Martinón-Torres e o xenetista, profesor da USC e investigador do IDIS, Antonio Salgas Ellacuriaga. 


Durante os tres anos e medio que durou o estudo determinaron que as principais síndromes clínicas foron a pneumonía (18%), as infeccións do sistema nervioso central (16,5%) e as infeccións da pel e tecidos brandos (8,7%). Descoñécese o microorganismo causal na metade dos casos, pero os axentes principais identificados foron o meningococo (9,1%) e o neumococo (7,7%), un "achado importante" segundo o doutor Martinón, xa que o 93% da cohorte estaba correctamente vacinada e o "90% dos serotipos causales estarían cubertos con vacinas actualmente dispoñibles".


"Unha historia familiar de infección bacteriana severa e exposición ao fume do tabaco confiren maior probabilidade de infección meningocócica", apunta o Sergas, que lembra a importancia de actualizar os calendarios de vacinación e concienciar sobre os riscos de exposición ao fume do tabaco. 


O 92% das persoas que participaron no estudo evolucionou favorablemente, aínda que un terzo das e os pacientes ingresaron nunha Unidade de Coidados Intensivos Pediáticos e o 5% destes faleceu. "Esta taxa tan baixa de mortalidade é a consecuencia do elevado nivel da pediatría dos centros participantes, que coincide precisamente cos centros que máis investigación clínica fan, pero non se pode extrapolar sen máis a todos os países nin a todos os centros", apunta o doutor Martinón. 


"Calquera morte por unha enfermidade prevenible mediante vacinación nun contexto como o de Europa debe ser considerado un fallo do sistema, un esforzo insuficiente, ou unha priorización inadecuada dos recursos dispoñibles", expón o doutor Martinón, "e debemos traballar conxuntamente en que as vacúas cheguen ao maior número posible de nenos". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE