Kiko Veneno, La Habitación Roja e Perota Chingó pechan os concertos do Náutico do Grove

|

Kiko veleno

Kiko Veleno


O artista Kiko Veneno será o encargado de arrincar este martes, día 28, a recta final da programación musical do Náutico do Grove, que suma máis de 75 concertos desde principios de xullo.


En concreto, Kiko Veneno actuará, acompañado de toda a súa banda, a partir das 20,00 horas, dentro da xira iniciada coincidindo co 25 aniversario da publicación de 'Bótache un cantecito'.


O mércores, día 29, ás mesma hora, será a quenda do espectáculo da banda indie La Habitación ROja; mentres que ao día seguinte, o xoves, está programado o concerto de Jenny & The Mexicats.


As latinoamericanas Perota Chingó chegarán ao Náutico do Grove o venres, día 31. O fin de semana, pola súa banda, pecharán este sprint final o ferrolán Andrés Suárez (o sábado) e Antonio Serrano (o domingo).


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress