"Escollín o Obra porque e moitos xogadores acabaron na NBA ou en equipos grandes"

O director xeral do Obradoiro, José Luis Mateo, presenta a Vladimir Brodziansky, nova fichaxe que “se incorpora para as próximas dúas tempadas e que procede da universidade de Texas Christian e vén de disputar a última Liga de Verán da NBA cos Cleveland Cavaliers”.


|

O director xeral do Obradoiro, José Luis Mateo,  presenta a Vladimir Brodziansky, nova fichaxe que “incorpórase para as próximas dúas tempadas e que procede da universidade de Texas Christian e vén de disputar a última Liga de Verán da NBA cos Cleveland Cavaliers”.



Vladi


“Vladimir – finalizou – é un xogador interior polivalente, capaz de xogar no poste baixo e tamén de ameazar co lanzamento. A súa capacidade de traballo, mellora física e intelixencia augúranlle un percorrido ascendente. Valoramos o feito de que nos esperara na situación especial de mercado na que nos atopabamos. Fichámolo para xa, pero tamén pensando no medio prazo".


O xogador pola súa banda, explicou que “as primeiras semanas en Santiago están a ir moi ben. Estou a gozar moito e tentando aprender o máximo posible dos xogadores que xa coñecen o equipo. Este baloncesto é diferente ao que practicaba. Non é que sexa difícil, só é un novo tipo de baloncesto e temos que aprendelo. Os xogadores que levan aquí máis tempo están a axudarnos todo o posible para entendelo canto antes”.


Brodziansky vén de xogar en Texas Christian e detalla as principais diferenzas que se atopou: “O primeiro é o número de adestramentos. Aquí estamos a facer dúas sesións ao día e na universidade faciamos unha. Ademais, o baloncesto español, ofensivamente, conta con moitos máis detalles e tes que concentrarte moito máis en eles”.


Sobre a súa decisión de escoller a oferta do Monbus Obradoiro, o pivote confesa que “en xullo estaba a xogar a Summer League cos Cavaliers e realmente aínda non coñecía as miñas opcións de futuro pero, despois disto, tratei de ver cal era a mellor opción para min e quedeime coa que me ofrecía o Monbus Obradoiro, en España e na liga Endesa. Todo o mundo dime que é a segunda mellor Liga do Mundo tras a NBA así que considerei que era a mellor oportunidade”.


“Tamén falei con varios amigos que xogaron nesta liga – continuou – e os meus adestradores dixéronme cousas moi boas sobre este equipo. Déronme moi boas referencias sobre Moncho e o seu corpo técnico. Moitos xogadores que pasaron por aquí están agora mesmo xogando na NBA ou en grandes equipos de Euroliga, así que pensei que sería o equipo perfecto para comezar a miña carreira profesional”.


Os seus obxectivos persoais para a tempada pasan por “traballar duro e aprender moito dos meus compañeiros e adestradores. Ademais de ter unha gran tempada xogando ben. O máis importante para min é ser un bo compañeiro de equipo, achegar enerxía e versatilidade. Xogarei duro en cada partido, ocuparei o espazo que me corresponde, protexerei o aro e axudarei en todo ao equipo”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE