"​Acordo no SERGAS para reactivar a carreira profesional de fixos e interinos de enfermería"

O Sindicato de Enfermería SATSE comunica que asina o acordo de Carreira Profesional tras alcanzar un acordo co Sergas que “modifica e acepta as principais propostas presentadas por este sindicato, e que melloran substancialmente o documento inicial rexeitado”.


|

O Sindicato de Enfermería SATSE comunica que asina o acordo de Carreira Profesional tras alcanzar un acordo co Sergas que “modifica e acepta as principais propostas presentadas por este sindicato, e que melloran substancialmente o documento inicial rexeitado”.



Satse presenta o seu manual de estilo para dar a coñecer o labor de enfermeiros

Satse Galicia presentado un estudo sobre a profesión


SATSE saca peito afirmando que a campaña iniciada “en solitario hai máis de dous anos polo Sindicato de Enfermería, ao fin dá os seus froitos.” O certo é que despois de seis meses de negociación (outubro 2017 a xullo 2018) SATSE asegura que consegue que “o Sergas inclúa no cobro da Carreira Profesional aos interinos do grupo A2 con máis de cinco anos de servizos prestados como profesionais estatutarios, e que poderán acceder e cobrar o grao de Carreira Profesional".


Desta forma Galicia será a primeira comunidade en incluír a Carreira Profesional para os interinos, coa excepción de Baleares, na que só cobran un 25% de importe. En Galicia cobrarán o 100% do importe do grao conseguido, do mesmo xeito que os fixos.


O Sergas tamén acepta baixar nun ano para o cumprimento doutro grao, outra das demandas deste sindicato. Así se poderá completar a carreira en 24 anos e non en 25, como viña sendo ata agora na carreira extraordinaria.


NON SE LOGROU TODO, PERO SE O ESENCIAL, CRE SATSE

“Aínda que é certo que o acordo non recolle todas as reivindicacións expostas por SATSE, mellora substancialmente o documento inicial rexeitado. Para nós era esencial lograr reactivar a carreira profesional para acabar co bloqueo que impedía o acceso dos profesionais á Carreira que alcanzan os preto de 13.000 beneficiarios do grupo A2 ao que SATSE representa (Enfermeiras, Fisioterapeutas, Especialistas…etc)”, sinalou a Secretaria Xeral de SATSE en Galicia, Carmen García Rivas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE