Morre unha anciá nun novo incidente no FEVE
O ferrocarril de liña estreita, abandonado pola Administración, suma incidencia tras incidencia. A principios de semana houbo un incendio nun vagón e hoxe outro tren levouse por diante a unha veciña.
O ferrocarril de liña estreita, abandonado pola Administración, suma incidencia tras incidencia. A principios de semana houbo un incendio nun vagón e hoxe outro tren levouse por diante a unha veciña.
O tráfico ferroviario entre Ferrol e Oviedo permaneceu cortado durante a tarde deste mércores despois de que un convoi atropelase a unha persoa e as proximidades do apeadeiro de Foz.
Segundo a información do CAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 18,30 horas, cando Renfe chamou aos servizos de emerxencias para informar de que unha persoa fora arroiada por un tren preto do apeadeiro de Foz.
Segundo a prensa local, a atropelada é unha anciá duns 70 anos de idade e vive preto do apeadeiro de o
O tren, que facía a ruta entre Ferrol e Oviedo, levaba cinco pasaxeiros que puideron continuar o camiño cara aos seus destinos por estrada.
Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Barreiros, e Garda Civil, así como persoal sanitario. O tráfico quedou cortado ata retirada do tren e o restablecemento das condicións de seguridade.
Escribe o teu comentario