Ocean's promete non cobrar pero non dá datas para restablecer Internet
A operadora galega Ocean's promete que "non facturará ningún servizo aos clientes que sufrisen a interrupción do servizo". Ademais, os móbiles "pasarán a ter un bono de datos sen límite e chamadas ilimitadas sen ningún tipo de custo ata o total restablecemento do servizo".

A compañía coruñesa reacciona así á crise desatada hai unha semana, cando Telefónica -co respaldo da Administración- cortoulle a subministración por falta de pagamento, quedándose sen conexión da internet miles de clientes, moitos galegos e das zona rurais.
A pesar de que Ocean's prometeu o venres en conversación con Galiciapress que a desconexión se arranxaría ese mesmo día, os seus clientes seguen protestando nas redes sociais porque o problema persiste. "Oceans continúa traballando para restablecer o servizo con normalidade", engadiu a empresa o luns, sen dar unha data concreta para saír deste agravio; mentres moitos clientes anunciaban a súa intención de cambiar de operadora.
Wialink, a compañía que Ocean's dixo substituirá a Telefónica como provedor, non existe no rexistro mercantil, a súa web está en obras e os seus servidores son os mesmos que os de Ocean's.
Escribe o teu comentario