Incendio nun vagón dun tren con dous pasaxeiros dentro

A linea FEVE, que acumula protestas polo pouco investimento de RENFE, sofre un novo incidente -van 14 en 15 días segundo o Bloque.


|

A linea FEVE, que acumula protestas polo pouco investimento de RENFE, sofre un novo incidente -van 14 en 15 días segundo o Bloque. 


Feve accidente moeche incendio tren bng

Incendio no FEVE / BNG Ferrolterra


Efectivos dos Bombeiros do Eume desprazáronse na mañá deste luns ata o apeadeiro de Feve, en Labacengos, na localidade coruñesa de Moeche, para extinguir un lume nun vagón de pasaxeiros dun tren, onde ían dúas persoas que resultaron ilesas.


Segundo informou o 112 Galicia, ningún dos dous pasaxeiros que nese momento viaxaban no vagón víronse afectados e un taxi recolleunos para continuar o seu destino.


Membros de extinción indicaron ao servizo de emerxencias que o lume se iniciou na parte baixa dos motores do convoi e propagouse ao vagón, que foi o único afectado.


ACTUACIÓN DE EMERXENCIAS

Sobre as 9,30 horas deste luns, persoal de seguridade de Renfe solicitou ao 112 Galicia medios para colaborar na extinción do lume e asegurou que non había persoas afectadas.


A partir de aí, pasouse aviso aos Bombeiros do Eume, que se desprazaron ao momento. Tamén, informouse os membros do GES de Ortigueira e á Garda Civil. Tras chegar ao lugar e sufocar as chamas, os membros de extinción refrigeraron a zona ata asegurarse da extinción.


Hai décadas que a liña FEVE que discorre pola costa sofre de continuos problemas. Fallos mecánicos, problemas polo pouco persoal -que forza a que algúns trens viaxen sen revisor- e redución de viaxes son constantes a pesar das continuas denuncias da oposición, como lembrou hoxe o BNG de Ferrolterra:


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE