Feijóo déixase ver con Pablo Casado

Oficialmente, o PPdeG e Alberto Nuñez Feijóo non se decantan por ningún candidato; pero a foto esceneficada este sábado non é inócua. O presidente desprazouse á Coruña a recibir ao candidato nun concorrido acto con militantes conservadores. Casado devolveulle o favor prometendo a Feijóo o debido a que queira.


|

O exvisecretario de Comunicación do PP, Pablo Casado, un dos aspirantes entre os que os máis de 869.535 afiliados terán que elixir para liderar o partido o 5 de xullo, presentou a súa candidatura na Coruña como mostra da súa "admiración profunda" ao presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e ao seu proxecto político.
Casado, Feijóo e Diego Calvo, na Coruña

De feito, tras apelar ao 'efecto Feijóo' en busca do apoio dos seus, Casado avanzou que, se gaña o congreso de sucesión de Mariano Rajoy, o líder galego estará "onde queira e cando queira".

A sede do Partido Popular na Coruña quedouse pequena para recibir a Pablo Casado. Ante a presenza de Feijóo, do secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, e do presidencia provincial do PP na Coruña, Diego Calvo, o candidato dos populares xustificou a súa elección por estar en "o berce do PP, de Manuel Fraga e de Mariano Rajoy" e na terra de Feijóo, que desenvolveu o modelo de partido que el aspira a implantar.

"Se eu presido o PP de España quero facer o mesmo que fixo Feijóo co PP de Galicia, un partido ilusionado, un partido renovado, gañador e unido", proclamou, ante os medios de comunicación.

Ás decenas de afiliados presentes no acto realizoulles unha promesa maior en relación ao seu xefe de filas. "Se isto vai ben e saio elixido no PP, ti estarás onde queiras, cando queiras e como queiras, e dígoo por responsabilidade política", proclamou, ante Feijóo. 


O presidente da Xunta indicase que acompañará a todos os candidatos que visiten Galicia. Con todo, o feito que Casado escollese o país para empezar a campaña -que empeza xusto hoxe- non deixa de ser significativo, como tamén os é que o arroupasen Feijóo e Diego Calvo, presidente do PP herculino.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE