CIG apraza a folga xeral á espera de que o novo goberno derrogue as reformas laborais

|

Paulocarril

O secretario xeral Paulo Carril


En declaracións a Galiciapress, o líder da CIG argumenta que "suspendemos a folga non para desconvocala senón para esperar e esixir un calendario efectivo e real para que nos próximos meses haxa unha derrogación das reformas laborais". Paulo Carril, nunha entrevista, advirte ao PSOE que eles foron os primeiros en recortar dereitos dos traballadores.


Así, recoñece que "somos conscientes de que o PSOE é culpable de moitas políticas que o PP posteriormente aplicou cunha inmensa brutalidade" pero admite que coa caída de Mariano Rajoy "xéranse unhas novas expectativas cunha nova relación de forzas , que pode ser favorable". 


Nunha entrevista, cuxo texto completo publicará Galiciapress mañá, o secretario xeral da CIG argumenta que que a folga aprazada agora era a súa "moción de censura", obrigada pola difícil situación social, e que a conformación dunha alianza política entre a esquerda estatal canda os nacionalistas para sacar ao PP de Moncloa confirma que os motivos da CIG para convocar a folga eran válidos.


Ante o novo escenario, a Central Intersindical Galega suspende a folga xeral convocada para o martes 19 de xuño. A mobilización, convocada por CIG e apoiada polo BNG substituirase por concentracións en varias localidades a partir das 20.00h. 


O sindicato, que declarou que a folga era "a súa moción de censura á situación de emerxencia laboral, social, política e institucional", decidiu suspender a convocatoria a raíz do escenario político que levou a Pedro Sánchez  á presidencia do Goberno. Así, a CIG decidiu esperar prudentemente para observar como se desenvolve a situación, aínda que alerta ante aos acontecementos. 


Este martes, 5 de xullo, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, explicará polo miúdo en rolda de prensa os motivos por que levaron á central para desconvocar a folga xeral, valorando o novo escenario político. 



Paulo carril cig

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress