CIG suspende a folga xeral prevista para o 19 de xuño
O sindicato declarou que a folga era "a súa moción de censura á situación de emerxencia laboral, social, política e institucional"
O secretario xeral Paulo Carril
A Central Intersindical Galega suspende a folga xeral convocada para o martes 19 de xuño. A mobilización, convocada por CIG e apoiada polo BNG, substituirase por concentracións en varias localidades a partir das 20.00h.
O sindicato, que declarou que a folga era "a súa moción de censura á situación de emerxencia laboral, social, política e institucional", decidiu suspender a convocatoria a raíz do escenario político que levou a Pedro Sánchez á presidencia do Goberno. Así, a CIG decidiu esperar prudentemente para observar como se desenvolve a situación, aínda que alerta ante aos acontecementos.
Este luns, 5 de xullo, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, explicará en rolda de prensa os motivos por que levaron á central para desconvocar a folga xeral, valorando o novo escenario político.
Escribe o teu comentario