O alcalde da Coruña, sobre o chalé de Iglesias e Montero: "Non me gusta pronunciarme sobre a vida privada de ninguén"

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, considera que non é "moi relevante politicamente a vida privada de ninguén", polo que evitou pronunciarse tras ser preguntado polo chalé adquirido por Pablo Iglesias e Irene Montero.


|

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, considera que non é "moi relevante politicamente a vida privada de ninguén", polo que evitou pronunciarse tras ser preguntado polo chalé adquirido por Pablo Iglesias e Irene Montero.


Xulio Ferreiro no pleno municipal


"Non me gusta pronunciarme sobre a vida privada de ninguén, nin cando é Cristina Cifuentes nin cando é Pablo Igrexas", respondeu a preguntas dos xornalistas na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local.

Na súa opinión persoal, para Ferreiro, a vida privada de calquera non é relevante politicamente a non ser que "non estivese claro de onde vén o diñeiro para comprar os bens que uno compra ou se non coinciden as cifras públicas coas reais, se se mente, engana ou se aparecen da nada".

"Polo demais creo que son opcións de vida persoal, cada un gasta o diñeiro como quere e segundo as súas necesidades de vida e familia", sinala o rexedor, a quen non lle parece "moi relevante politicamente a vida privada de ninguén".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE