A Deputación adianta que poden descubrirse novos gravados en Dombate e defende a xestión do monumento



En declaracións a Galiciapress, a Deputación da Coruña sae ao paso das críticas recibidas pola súa xestión do Dolmen de Dombate. Responden destacando os “efectos positivos” das intervencións no monumento e enarborando a transparencia na xestión dos fondos públicos.


|

En declaracións a Galiciapress, a Deputación da Coruña sae ao paso das críticas recibidas pola súa xestión do Dolmen de Dombate. Responden destacando os “efectos positivos” das intervencións no monumento e enarborando a transparencia na xestión dos fondos públicos.



Dolmen de Dombate


CRÍTICAS POLAS INTERVENCIÓNS

En declaracións a Galiciapress, a Deputación da Coruña sae ao paso das críticas recibidas pola súa xestión do Dolmen de Dombate. Responden destacando os “efectos positivos” das intervencións no monumento e enarborando a transparencia na xestión dos fondos públicos.


Cómpre lembrar que Salvemos Cabana presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo para que se publicase na Internet o convenio co concello de Cabana. Este colectivo e outras asociacións levan anos poñendo en cuestión o xeito en que a Deputación xestiona Dombate, na súa opinión con “falta de transparencia” e programando actividades alleas ao coñecemento do patrimonio, potencialmente perigosas para a súa conservación.


MÁIS VISITAS

A principal das intervencións foi a instalación dunha cuberta. Ao fío disto, o ente provincial entende que “ninguén pode negar os efectos positivos que trouxo consigo o investimento feito no seu día, que axudou a preservar este ben de especial interese da mellor maneira posible ademais de outra serie de servizos de control sobre o mesmo que doutra maneira non se poderían levar a cabo”.


O certo é que o número de visitantes a Dombate aumentou, aínda que a Administración non aporta cifras concretas. “Si o ben está gañando en popularidade tamén poder ser debido, na parte que lle corresponda, a que se están a facer ben as cousas e se está a dar a coñecer un monumento que é de grande interese patrimonial e tamén didáctica, para achegar a todas as xeracións a nosa historia”, razoan dende o Pazo Provincial, que asegura fai controis puntuais para evitar a masificación.


Sobre a suposta falta de transparencia, a Deputación nega a maior. Asegura que publicará pronto o convenio co Concello e explica porque non o fixo até o de agora. Así, adiantan que “nos próximos días publicitaremos os convenios dos últimos 3 anos sobre a xestión dos centros patrimoniais da nosa titularidade ( non só o de Dombate). Queriamos publicalos todos xuntos unha vez rematada a sinatura dos convenios deste ano 2018. Nese sentido, a Deputación da Coruña pode presumir de transparencia xa que ofrece toda a información que a lei nos permite”.


Polémicas á marxe, o coñecemento sobre o lugar megalítico segue avanzando. En febreiro a Deputación promoveu a instalación dunha estación de control climático e que varios expertos realizaran un escaneado láser do monumento para determinar o estado de conservación.



Os traballos de escaneado láser das lousas do monumento xa remataron. Levado a cabo polos catedráticos Primitiva Bueno e Rodrigo de Balbín, ambos os dous da Universidade de Alcalá de Henares, dende a Deputación cren que pode descubrir un “maior número de gravados de The Thing dos xa coñecidos”, en referencia as misteriosas formas que hai nas laxes do monumento.



Dolmendombateinterior

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE