​A gala do Turismo e gastronomía galega

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Non hai moitas semanas falabamos dos camiños gastronómicos no Carballiño. E hoxe, con motivo da gala de Turismo e gastronomía, organizado pola revista HG&T e coa colaboración do Concello e o Inorde, seguimos a falar da Vila do Arenteiro. Nesta ocasión , pasado un lustro da última gala, pasados varios anos de avaliacións, chega o tempo dos premios, agasallos e recoñecementos. 


, no Auditorio multifuncional do Carballiño, o martes 21 de marzo, tivo lugar o esperado evento, que superou a máis optimista das previsións. Hai que destacar a gran variedade de produtos e unha organización de excelencia. Do mesmo xeito, os medios de comunicación de toda a Comunidade Autónoma, deron a coñecer o evento. Quizais para outra ocasión non estaría de máis que a gala estivese chea de música en directo, humor, poesía ou imitacións que amenicen a entrega de diplomas e recoñecementos.


A gastronomía tamén forma parte do patrimonio cultural galego. Unha parte fundamental da idiosincrasia que debe ser valorado e potenciado. Os caldos galegos son un referente para o turismo, que tamén recibiu premios importantes e que xunto coas augas quentes, supón un recurso aínda por explotar e explorar. Carballiño é terra de bo comer, e con independencia dos galardoados, todos e cada un dos participantes poden sentirse gañadores, pola calidade que esixen a cada un dos seus produtos. O Alcalde da vila falou, como bo anfitrión, agradeceu a todos os asistentes a súa visita e o apostar polo Carballiño como lugar estratéxico para este evento. Deste modo rematou a primeira parte. Despois uns viños e moito que compartir entre profesionais e amigos da terra.


Unha tarde fermosa no inicio da primavera na Vila do Arenteiro. Punto de encontro e cruce de camiños de arrieiros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE