A TVG enarbora a presunción de inocencia do denunciado por acoso pero non traballará con el
A Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) subliñou que o produtor denunciado por acoso pola actriz Iria Pinheiro non é traballador seu e tampouco ten constancia de que manteña actividade "en ningunha produtora" que lle preste servizo á televisión autonómica.

Nun comunicado, a CRTVG explica que o contrato do denunciado era con 'Ficción Producións', responsable do programa 'Con amor e compañía', e que os feitos denunciados, avanzados por Sermos Galiza, terían lugar entre marzo e xuño de 2017.
En calquera caso, e a pesar de "non existir relación contractual algunha", a compañía dos medios públicos galegos decidiu que, "preventivamente" o produtor José Luis Viñas Orta "non traballará en ningunha produción relacionada coa CRTVG mentres non se aclaren os feitos denunciados".
Así mesmo, a CRTVG expón que está a solicitar "a información exhaustiva dos feitos por parte de Ficción Producións" e manifesta que entende "a sensibilidade sobre esta cuestión", pero puntualiza que "debe tamén respectar a legal presunción de inocencia e agardar o curso da Xustiza".
Escribe o teu comentario