Actriz da TVG denuncia "tocamentos" dun director

A actriz Iria Pinheiro denunciou ante o xulgado de garda de Santiago de Compostela ao director do programa 'Con amor e compañía', José Luis Viñas Orta, polo acoso que, segundo indica, sufriu mentres traballaba para el.


|

A actriz Iria Pinheiro denunciou ante o xulgado de garda de Santiago de Compostela ao director do programa 'Con amor e compañía', José Luis Viñas Orta, polo acoso que, segundo indica, sufriu mentres traballaba para el.



069220141210000004



A denuncia, que publica este venres o diario Sermos Galiza, fai referencia a uns feitos ocorridos ao longo do ano 2017, cando a actriz traballou no programa 'Con amor e compañía', de Ficción Producións e emitido pola TVG.

Iria Pinheiro relata na súa denuncia episodios de tocamentos, humillacións, insinuacións e comentarios de índole sexual por parte do que entón era o seu xefe, cos que sentiu "menosprezada polo mero feito de ser muller".


Desde os seus primeiros encontros, apunta a denuncia, a actriz sentiu "unha certa pulsión de índole sexual por parte de quen entón era o seu xefe". De feito, describe episodios nos que, aproveitando situacións de vestiario ou maquillaxe, foi sometida a tocamentos "lascivos" e de carácter "sensual", así como comentarios "explícitos" e impropios sobre o seu corpo.

Ante o rexeitamento que Pinheiro mostrou aos "tocamentos" do director, segundo apunta na súa denuncia, este "reaccionaba con desdén e con humillacións públicas" diante dos seus compañeiros, o que lle causou unha situación de "bloqueo emocional".


A actriz decidiu poñer a denuncia en mans da xustiza. Fontes do TSXG confirmaron a Europa Press que a querela foi recibida nos xulgados composteláns e que, tras ir a repartición, recaeu no xulgado número 1.

Con todo, a folga que os traballadores da xustiza galega manteñen desde fai máis dun mes impediu que polo momento se abriu o procedemento correspondente.

APOIO DESDE NUMEROSAS FRONTES
Desde que se fixese pública a denuncia por acoso presentada por Iria Pinheiro, foron numerosas as voces que expresaron o seu apoio cara á actriz.

En concreto, o comité intercentros da CRTVG manifestou a súa "repulsa" ante os feitos denunciados e esixiu o "cesamento inmediato" do director de 'Con amor e compañía'.

Aínda que lembran que o programa se realiza a través dunha produtora externa, o Comité Intercentros considera que a TVG "ten toda a responsabilidade moral" e debe adoptar medidas para que "impedir que no futuro esta persoa poida volver prestar servizos para a radio ou para a televisión" de Galicia.

Do mesmo xeito, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia

mostrou o seu "total apoio" a Iria Pinehiro, da que destacou a "valentía" de "romper o silencio" ante uns feitos que "condenan".


A entidade, que coñecía o caso pola comunicación da propia Pinheiro, pero que gardou "confidencialidade" ata este momento, cualificou esta situación de "denigrante" e "asquerosa", así como "completamente incompatible cunha sociedade de plena igualdade real e sen violencias machistas".

A Asociación de Actores e Actrices púxose a "disposición" de Iria Pinheiro e aplaudiu " a súa valentía", tras o que apostou por loitar como sociedade por "a erradicación deste tipo de condutas machistas, abusos de podr e acoso laboral", así como contra "o silencio e a invisibilización".

A través das redes sociais foron moitas as voces do sector que expresaron tamén o seu apoio á actriz, como é o caso da Unión de Actores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE