​A cerámica de Lodeiro

José Luis Fernández Carnicero

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras.

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” continúa coa fabulosa exposición dos Suevos sen descoidar outros artistas en diversas disciplinas. Estou a falar de Ruth Lodeiro, a que coñecín por medio do amigo e artista Xosé Luis Otero. Na inauguración non tiven a oportunidade de ver a exposición con calma, pois asistiron moitos amigos cos que compartir un tempo de conversas e apertas. Ao día seguinte vovín. Non me gusta facer unha lectura das obras que visito, prefiro sentilas en silenzo, vivilas na pel do artista e para iso é preciso coñecelos máis de cerca. Ruht é ceramista e coa súa tećnica e imaxinación, transforma a realidade dun xeito agradable ao espectador. Esto non serve de guía, mais desperta a sensibilidade de cada visitante. Con esta idea, falamos por teléfono un chisco.


Chamoume á atención o interés que pon na numeroloxía. O carácter simbólico dos números é un enigma para o espectador, e unha mensaxe do expositor. A lectura do 12 (número de governo), do 7 (número perfeito), do 1,618 ( número aureo), o 3 (número da unidade), pode e debe variar segundo quen o considere e o contexto no que se encontre. Algúns deles topeinos varias veces na obra que Ruth titula: Penélope. Hai moitas das pezas nas que os números cumpren un importante papel, incluso están presentes nalgúns títulos . “500 ojos velados” ou “7 portas para Inanna”,” no primeiro como acumulación, no segundo reflectindo as sete portas que Inanna pasou para descender aos infernos”, segundo me conta a artista.


Chegados os tempos nos que nos atopamos, non podemos conformarnos coa situación das mulleres. E sen dúbida, quere apostar por esta temática. Cando a autora me dí:” busco unha reconciliación coa terra, coas tradicións e cos labores case exclusivos do ámbito feminino”, penso que é un berro revindicativo a toda a sociedade, e en especial aos homes, para que tomen nota do que lles faltaría se non fose polo traballo da muller. Xa non chega con recoñecer ás mulleres, hai que se implicar e traballar con elas. As pezas cerámicas tenden a ser figurativas, nas que topamos tanto vaxinas coma úteros, corpos acéfalos, anxos coas súas alas ou cristos. Estes motivos, anodados de fíos vermellos, teñen unha bolla vertical que os sitúa no espazo das gaiolas que os conteñen. Son útiles para poder contalos no conxunto, que garda un equilibrio inestático e unha metáfora de fácil comprensión e difícil asimilación.


Na miña comunicación con Ruth puiden comprobar que os elementos que observaba non eran froito da miña imaxinación. Esta exposición é moi necesaria para aqueles que non chegan a comprender o arte, que os conduce a poder desenvolver esa facultade de ver a expresión dun ser humano, de sentir o seu interior, sen demasiadas pistas realistas. O que para algúns “grandes” sería un erro, para os iniciados é unha sorte. Ter unha ceramista que expresa con esforzo para que os menos ilustrados recollamos sensacións e mensaxes en abundancia. Grazas Ruth, por retornarnos ao mito de Penélope.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE