Puigdemont anunciou, que renuncia “provisionalmente” a presidir a Generalitat e nomea a Jordi Sánchez, como sucesor, candidato. O de provisional, como adoita ser habitual, ao final hase de converter en permanente, se non que llo pregunten a Artur Mas cando fixo o mesmo con el. “O que se foi a Sevilla perdeu a súa cadeira”, di o refrán. Cambiar Sevilla por Bruxelas, aínda que non rime, ao final o resultado é o mesmo: ninguén que se fai co poder, quere ser marioneta de ninguén e adoita desligarse do seu mentor, mesmo o repudia. Que ninguén obvie o evidente.
O exiliado , que se lle convenceu para que deixe paso a outro candidato, puxo a condición, -unha mazá envelenada- de elixir a Jordi Sánchez como o seu sucesor, a propósito que está en prisión, que a súa candidatura ten pouco percorrido e que vai xerar máis problemas que solucións. É lear máis a troca para seguir xerando máis conflitos, coma se xa non houbese os suficientes.
A estratexia de todos xuntos, os independentistas, é estirar máis a corda co fin de non baixar a intensidade da confrontación cos poderes políticos de Madrid: Goberno e Casa Real. Hai que seguir alimentando aos fanáticos que lles segue cos ollos pechados e aqueloutros que se creron as grandes mentiras predicadas por líderes do procés, que lles garantía a terra prometida en forma de Republica Catalá. Esa é a triste realidade.
O de Jordi Sánchez é unha provocación e ganas de non buscar solucións. Saben perfectamente que non pode ser investido. Do que se trata é de gañar tempo para que? para nomear despois a outro imputado, Jordi Turull que podería selo ata que o xulguen e entre en prisión, como todo indica, polos delitos que se lle acusan.
Turull aceptará ser o candidato cando declarou ante o xuíz, para saír da prisión, que respectaría o marco xurídico e a constitución. Onde queda esa promesa? Estará disposto a incumprir, outra vez, a legalidade e asumir as consecuencias?.
Tamén pode ser que, como as diferenzas entre Junst x Catalunya, o PDeCAT e ERC, que son moi evidentes, hai que gañar tempo para conseguir un candidato que non estea nin fuxido, nin implicado, que poida formar un goberno estable e volver á “normalidade” institucional. Non vai ser fácil, pero non queda outro remedio, a sociedade esíxeo. Hai que deixar o espectáculo para os teatros, gobernar é máis serio do que eles demostran.
A operación de Puigdemont, aínda que pareza a solución, non o é. Gárdase un as na manga, a incógnita é coñecer cando está disposto a facer uso do mesmo.
Esta situación é incompresible e intolerable nun país democrático. Están a xogar con todos, e é inamisible que a estas alturas as cousas continúen non igual, senón peor. Ata cando haberá que soportar a incompetencia destes insensatos?.
Di un refrán popular que “Trampeando e mentindo, imos vivindo, mentindo e trampeando, imos pasando.”
Escribe o teu comentario