Indiquémoslle ao Sr. Feijóo as causas da falta de profesionais (que el xa as sabe dabondo, pero non actúa en consecuencia): profesionais pouco incentivados para realizar un traballo vocacional, unha administración que non ten órganos de decisión para realizar as carteiras de servizos e que non aprecian a Sanidade Real, por non estar próximos aos problemas da xente.
Os gráficos de demostran que ningunha autonomía está a ser discriminada por razóns políticas.
O SERGAS de Ferrol tivo que trasladar todos os enfermos críticos non covid á área de reanimación. A capacidade normal da UCI do Hospital Arquitecto Marcide está completa con enfermos de coronavirus. Hai 10 prazas e hai 10 enfermos críticos, segundo os datos oficiais do SERGAS.
Nos CdeS a demanda nas consultas é excesiva (pola falta de persoal) o que leva a masificación das mesmas e a un escaso tempo de atención.
As evidencias para constatar que Galicia entrou nunha nova onda do coronavirus son cada vez máis notorias e a media móbil semanal é a que indica que a velocidade de crecemento segue á alza e a un ritmo nunca antes visto no que vai de ano. A pandemia crece a un ritmo do 7,3% diario, por encima do teito do 7% que alcanzou en xaneiro, en pleno auxe da terceira onda, a máis virulenta e mortífera desde o estalido da crise sanitaria.
A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Courña (CHUAC) denuncia un novo episodio de colapso no hospital coruñés, referencia nunha área sanitaria que conta cun número crecente de casos activos pola incidencia do variante delta.
O impacto da variante india, coñecida como delta, na comunidade galega mantén o empeoramento progresivo da comunidade na maioría dos seus datos. Os brotes localizados en varios puntos de Galicia, vinculados no seu maior parte a viaxes de fin de curso ás Illas Baleares, son os que provocaron este repentino repunte, que en só tres días suma máis dun centenar de novos casos activos.
Fixémolo in extremis, cando se cumpriu a condición principal: a Mesa de Diálogo entre a Administración Sanitaria e as Entidades que formamos parte do Sistema Sanitario Público, para elaborar o Novo Modelo de Atención Primaria (AP) no país.