Caen os contaxios en Galicia, do mesmo xeito que as PCR, mentres as comunidade segue perdendo casos activos

Galicia logra reconducir o repunte de contaxios que viña rexistrando desde fai xa catro xornadas á conta de realizar menos PCR, algo que xa viña facendo nas últimas semanas. A positividade cae, do mesmo xeito que a incidencia acumulada a dúas semanas e o número de casos activos. Con todo, repuntan a incidencia acumulada a sete días e os hospitalizados.


|

Galicia logra reconducir o repunte de contaxios que viña rexistrando desde fai xa catro xornadas á conta de realizar menos PCR, algo que xa viña facendo nas últimas semanas. 


A positividade cae, do mesmo xeito que a incidencia acumulada a dúas semanas e o número de casos activos. Con todo, repuntan a incidencia acumulada a sete días e os hospitalizados.



Hoxe son 2.624 os casos activos na comunidade, o que supón un descenso de 32 casos con respecto a onte. Non obstante o descenso máis pronunciado atopámolo hoxe no número de novos casos detectados, xa que pasa dos 170 que marcaba hai 24 horas ata os 106 de hoxe. Con esta baixada fréase en seco o ascenso da media de contaxios diarios, que queda en 139. 


A explicación máis sinxela para este cambio é un novo descenso no número de PCR practicadas. Desde hai xa doce días, o SERGAS parece recortar o número de test. En todo este tempo non hai un só día no que non se practicaron máis de 7.000 test, unha cifra admisible para ter unha mellor percepción da situación epidemiolóxica da comunidade. 


Ao tratarse das cifras do domingo, cando se adoitan realizar menos test, os analisis caen ata os 5.290, medio milleiro menos en comparación coas 24 horas anteriores. O número de test diarios de media cae por baixo dos 5.500, a media máis baixa desde Semana Santa.


Con estas cifras, a positividade nos test cae esta xornada ata o 2%, o que non impide que a positividade media semanal pase do 2,45% ao 2,52%. Está "á metade" do que poderiamos considerar un escenario de risco, xa que a OMS considera que o límite se atopa ao redor de unha positividade do 5%.


A incidencia acumulada a sete días sobe levemente ata os 36 casos por cada 100.000 habitantes. Neste caso, Galicia afástase do risco baixo, fixado nos 25 casos por cada 100.000 habitantes.



Pola outra banda, se atendemos á incidencia acumulada a dúas semanas, este indicador si lanza unha importante melloría, con 71,7 casos por cada 100.000 habitantes, en lugar dos 73,2 casos de onte. A catorce días o risco baixo atópase a partir dos 50 casos por cada 100.000 habitantes. 






En canto a a media móbil semanal, hoxe non sofre variación ao non cambiar a tendencia descendente da comunidade. Hoxe, Galicia perde casos activos a un ritmo do -0,9%, igual que onte. Este indicador leva días dando botes, pero marca rexistros de descenso desde o 5 de maio, momento no que comezou a desescalar a cuarta onda. Desde entón, xa fose a un ritmo baixo ou un pouco máis alto, a comunidade perde casos activos semanalmente de forma ininterrompida. 



PRESIÓN HOSPITALARIA

Tras tres días se reprotar repuntes, a presión hospitalaria salta hoxe cunha leve subida con catro camas máis ocupadas por paciente Covid. Así, hai 112 pacientes con coronavirus nas áreas destinadas para tratar a Covid-19 nos hospitais galegos. Noutra orde, no referido ás altas médicas, onte recibiron o alta 154 persoas. 


No referido aos decesos, Galicia lamenta un falecido máis nas últimas 24 horas, cortando así un refacho de dous días sen reportar mortes por coronavirus. Segundo as cifras oficiais da Xunta de Galicia, desde o estalido da crise sanitaria han perdido a vida 2.411 persoas na comunidade polo coronavirus. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE