O líder galego limita a unha renovación da Executiva Ferederal, anunciada xa por Pedro Sánchez para este sábado, as consecuencias inmediatas do ingreso en prisión de Cerdán.
Cerdán insitió ante o xuíz que el era o arquitecto dos pactos entre o PSOE e os nacionalistas cataláns. Unha afirmación que lle vale tanto para presentar como vítima dun suposto 'lawfare' como para mandar unha mensaxe ao seu partido, que se esforza en desactivar os movementos do PP para unha moción de censura.