sanidad

O caso de Rogelia e a súa non morte en Xove non é único en España, denuncian familiares de residentes
Foran trasladadas con covid a un centro de Pereiro (Ourense) e a falecida foi enterrada coa identidade da súa compañeira de habitación
A pandemia da Covid-19 e o estado das autonomías

Agora quero engadir que o terceiro repunte da pandemia pon tamén no foco ao estado das autonomías evidenciando o seu deficitario desenrolo e articulación, pois está moi lonxe do que sería un estado federal, o que está a crear problemas e tensións á hora de atacar a pandemia.

Os colexios galegos pechan a semana en máximos e preto dos 3.000 afectados, pero baixan os centros pechados
Reabre a unitaria de Crecente e baixa a cinco o total de centros pechados, todas elas escolas infantís
Un brote de coronavirus deixa máis dunha trintena de afectados no Hospital Psiquiátrico de Conxo
Un brote da covid-19 detectado no Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela, afecta a un total 36 persoas, dos que 17 son traballadores do centro e 19 pacientes.
Galicia non coñece o seu límite: novo récord de contagios con máis dun milleiro e medio de novos casos

Os algarismos en xeral son arrepiantes e ningun indicador aproxima o teito da enfermidade na comunidade. A positividade tamén segue o seu ascenso e hoxe é superior ao 12%, mentres que a media semanal aproxímase ao 11% e a incidencia acumulada a 14 días é de 540 casos por cada 100.000 habitantes, o que non fai máis que evidenciar a situación límite da comunidade.

​O coronavirus non cheira a nada: estudos confirman que a perda de olfacto é o principal síntoma

Dous estudos internacionais acaban de confirmar que a perda de olfacto é o mellor síntoma para detectar a Covid-19. Estes estudos constatan que a maioría de paciente con infeccións respiratorias que perden o olfacto están relacionados con casos de coronavirus. A perda do sentido o gusto está moi asociado a isto. 

Covid por concellos: 176 novos casos nun só día na Coruña cidade, que crece máis que cinco áreas sanitarias

A positividade, do 15,4%, é moi similar á da súa área veciña, pero onte anotaron 138 novos casos, moi por baixo dos máis de 400 que marcaron na área anexa. As cifras de Vigo, alarmantes, quedan hoxe eclipsadas pola Coruña: 299 novos positivos e unha positividade do 15,8%.

'Enfermeiras en Loita' leva ata Bruxelas a precariedade laboral existente no SERGAS
Unha representación do colectivo 'Enfermeiras en Loita' comparecerá ante a Comisión de Peticións da Eurocámara para denunciar a precariedade laboral que sofren estes traballadores no Sergas debido ao alto nivel de temporalidade na contratación e os problemas de conciliación.
O Colexio de Médicos de Ourense receita un confinamento domiciliario para esta terceira onda
Demanda que, se non se fai un confinamento xeral, si se limite a actividade exterior "ao verdadeiramente esencial"
SATSE denuncia discriminación na campaña de vacinación galega: "Os enfermeiros somos primeira liña contra a Covid"

Desde o Sindicato de Enfermería sinalan que durante o proceso detectáronse nalgunhas áreas sanitarias distincións entre categorías profesionais a pesar de traballar no mesmo servizo e atoparse exposto aos mesmos riscos.

A Covid-19 non ten teito na comunidade educativa galega e son máis de cen as aulas pechadas
A Coruña, Vigo e Santiago mantéñense como as áreas máis afectadas
Feijóo aventura o endurecemento das restricións en Galicia ao non mellorar os datos da Covid-19
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que "probablemente" nos próximos días endureceranse as restricións en Galicia dada a evolución epidemiolóxica, xa que "todos os datos" --tanto no que respecta ao incremento de contagios como á presión asistencial en planta hospitalaria e UCI-- son "malos". "Malos sen ningún tipo de condición nin de matiz", apostilou.
Berro de auxilio do persoal de enfermería do CHUAC: "Suplicamos a vosa axuda; moita xente morrerá"
Mónica Pérez, enfermeira da planta Covid no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), cualificou de "preocupante" a situación no hospital ante o aumento de casos e, nunha mensaxe en nome do persoal de enfermería, pediu axuda a toda a poboación.
​Os gobernos rexionais insisten en adiantar o toque de queda e o Consello Interterritorial debáteo

Un gran grupo de Comunidades Autónomas, no que non se atopa a Comunidad de Madrid, pediron nos últimos días ao Goberno de España que se modifique o actual estado de alarma para que o toque de queda poida adiantarse a antes das 22 horas tal e como o fixa a normativa actual.

O brote na área de Xeriatría do Meixoeiro suma xa 37 afectados, dos cales 28 son pacientes
O brote de coronavirus iniciado na área Xeriatría do hospital vigués Meixoeiro ampliouse coa detección de 16 casos máis, tras o cribado realizado a pacientes hospitalizados noutras unidades, segundo confirmaron fontes do Sergas. Así, neste hospital confirmáronse un total de 37 casos de COVID-19, dos que 28 son pacientes ingresados e 9 son profesionais.
Suspendidas todas as competicións deportivas de ámbito autonómico por orde da Xunta
A Consellería de Sanidade decidiu suspender temporalmente as competicións de deporte federado de ámbito autonómico, así como aplicar a estes deportistas nos seus adestramentos os criterios xerais da poboación.
​Así é a estratexia de Europa contra a Covid-19 e estas as vacinas que chegarán a España

A inmunización colectiva, o gran anhelo de todas as nacións nestes momentos, está en camiño. Polo menos aparentemente, porque a medida que avanzan as campañas de vacinación estas achégannos un pouco máis ao fin da pandemia. Con todo, os expertos insisten en que fan falta máis vacúas e unha maior rapidez na súa subministración. 

“Cada euro ben investido en Saúde Mental pódenos aforrar catro" indica o psicólogo Carlos Losada


Carlos Losada López atende a Galiciapress desde o Colexio de Psicoloxía para analizar os efectos da pandemia na nosa saúde mental. Este psicólogo clínico do SERGAS defende a necesidade de investir máis no seu coidado, polo menos se aspiramos a paliar o seu impacto a longo prazo sen recorrer a tanto fármaco, como na crise do ladrillo.

A pandemia avanza na Coruña e Ferrol, áreas "tensionadas" segundo a Xunta, que descarta os hospitais de campaña
A Consellería de Sanidade recoñece que as áreas sanitarias da Coruña e Ferrol son agora mesmo as "máis tensionadas" a nivel asistencial pola covid-19, aínda que considera que o sistema sanitario galego, que funciona como unha "planta única", aínda ten capacidade para asumilo, e descarta, polo momento, a utilización dos hospitais de campaña incluídos no plan de continxencia.
A pandemia da Covid-19 e as vergoñas das políticas neoliberais

Unha dos ensinos máis relevantes que se poden sacar do impacto provocado pola COVID-19 é a dos enormes custos económicos e sociais que ocasionan o abandono do público e a consecuente deterioración do estado de benestar.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE