Covid por concellos: 176 novos casos nun só día na Coruña cidade, que crece máis que cinco áreas sanitarias

A positividade, do 15,4%, é moi similar á da súa área veciña, pero onte anotaron 138 novos casos, moi por baixo dos máis de 400 que marcaron na área anexa. As cifras de Vigo, alarmantes, quedan hoxe eclipsadas pola Coruña: 299 novos positivos e unha positividade do 15,8%.


|

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS debuxan un escenario horripilante na Coruña, convertida na zona 0 da pandemia nestes momentos a nivel comunitario.


Só na cidade herculina nas últimas 24 horas son 176 os novos positivos. Isto supón crecer nun día máis o que o fan hoxe cinco das sete áreas sanitarias galegas. Só o conxunto de o área de Vigo, con 196 casos, crece hoxe máis que toda a cidade da Coruña nunha xornada que a que os datos de Galicia volven ser de récord para mal.



Só Lugo aguanta o tipo, e os datos indican que non será por moito tempo. A cidade amurallada crece a un ritmo cada vez maior e aínda que se atopa no nivel laranxa con unha incidencia acumulada de entre 150 e 250 casos por 100.000 habitantes todo fai indicar que pronto engordará a lista de municipios en nivel vermello, o que supón entrar no risco extremo cunha incidencia acumulada en 14 días por encima dos 250 casos por 100.000 habitantes. Un nivel no que xa están as demais cidades galegas desde fai varias xornadas.


Ciudad a cidade, folga dicir que a cidade de A Coruña e a súa variación en 176 casos máis en 24 horas lideran con diferenza o apartado. Aínda que lonxe da Coruña, o cambio hoxe en Ourense tamén é vertixinoso, con 79 novos casos. Ferrol tamén acelera con 42 casos máis. Vigo reflicte un cambio de 37 máis, mentres que Pontevedra e Lugo fano con 22 e 20 máis respectivamente. Santiago de Compostela é a cidade que menos varía hoxe: unha ducia máis.


Se nos detemos a mirar o resto de municipios apreciamos que os máis afectados son, unha vez máis, as localidades "satélite" ás grandes urbes. Así, Arteixo ou Cambre suman 28 casos máis, mentres que Carballo sobe con 30 máis. Betanzos con 18 ou Sada con quince tamén destacan. En Ferrolterra, Narón suma hoxe 22 novos casos, como Poio na área da cidade do Lérez, mentres que na área de Lugo despuntan Monforte con 24 novos casos e moi especialmente Sarria, onde un brote de positivos nunha residencia dispara os casos por encima do medio centenar.


No lado contrario atópanse A Pastoriza, cun descenso de 35 casos nun só día. Ames, con once menos, e Noia, con outros once, tamén lanzan unha evolución moi positiva. Seguen a estes Xove, cunha decena de casos menos. Destacar tamén moi positivamente a evolución en A Pobra do Caramiñal, que é nestes momentos o único municipio da comarca de O Barbanza que se atopa por baixo do nivel de risco máximo e pasa ao nivel de risco alto ao baixar en sete casos desde onte. 


ÁREA POR ÁREA

Por áreas, a mirada vai inevitablemente á área máis afectada de Galicia: A Coruña. Esta xornada as PCR rexistraron 433 novos positivos, cunha porcentaxe de positvidad do 15,4%. A coruñesa, con 4.826 casos activos, crece nun só día en 412 casos máis. No últimos cinco días creceu en 1.480 casos activos, o que supón gañar nese tempo o equivalente aos casos activos actuais en todo a área de Ferrol.


A ferrolá, pola súa banda, creceu onte en 104 novos casos activos, o maior repunte no que vai de semana. A positividade, do 15,4%, é moi similar á da súa área veciña, pero onte anotaron 138 novos casos, moi por baixo dos máis de 400 que marcaron na área anexa. 


As cifras de Vigo, alarmantes, quedan hoxe eclipsadas pola Coruña: 299 novos positivos e unha positividade do 15,8%. Estas cifras escandalosas levan ao área olívica a crecer en 196 casos máis, unha cifra alta pero inferior á de hai 48 horas e na liña da tendencia que viña seguindo. Mentres, Pontevedra computou 124 novos positivos, cunha porcentaxe de positividade do 8,5 ao crecer en 94 casos máis, a menor subida das áreas galegas esta xornada. 


Máis preocupante é a situación en Ourense, onde anotaron 179 novos positivos, mentres que en Santiago foron 172 os contagios. Aínda que parellos nese apartado, as dúas áreas difiren na súa positividade e crecemento: 8,8% a auriense por 11% a compostelá; 155 casos máis a área da cidade termal polos 104 casos máis na capital.


Lugo hoxe vese arrastrada en gran medida polo brote de Sarria e detecta 170 novos positivos, cunha positividade do 11,8%. A área lucense crece así en 96 novos casos activos, o seu maior salto desde o 20 de novembro





Segundo os datos das notas de prensa do SERGAS, este sábado 23 de xaneiro o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.286, dos cales 4.826 son da área da Coruña, 1.545 de Lugo, 2.568 de Ourense, 1.579 de Pontevedra, 3.349 da área de Vigo, 2.947 de Santiago e 1.472 de Ferrol. 


InXUz coronavirus por concellos de galicia  (6)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE