Faltan máis de 70.000 prazas en residencias para persoas maiores en España, segundo a Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, unha cifra da cal case 15.000 prazas pertencen a Galicia, a terceira comunidade con máis déficit para lograr a cociente de 5 prazas por cada 100 persoas maiores que recomendan os organismos internacionais.
A Consellería de Política Social informa a Galiciapress que DomusVi está sometida a inspeccións periódicas por parte dos servizos sociais e que estás poden deberse a motivos "puramente comúns" ou a "queixas que se recibiron, xa sexan queixas ou denuncias que se remiten directamente á inspección ou as que se presentan no libro de reclamacións do propio centro". Sindicatos levan meses denunciando falta de persoal e condicións exclavistas mentres algúns familiares alertan da perda de calidade na atención aos residentes.
Os empregados da residencia mista para maiores de Ferrol demandan á Consellería de Política Social que dote ao centro de máis profesionais para “garantir as condicións laborais” e de “calidade asistencial” aos residentes”.
En Marea esixe á Xunta un aumento das prazas e os medios nas residencias públicas para persoas maiores e dependentes
"A Xunta non promove nin unha soa praza pública cento por cento nin deixa abrir as da Deputación", reprocha Álvaro Santos.
Os novos centros, que Feijóo expón como "obxectivo" para esta lexislatura, supoñen máis de 47 millóns de investimento e crearán 500 empregos.