Traballadores de centro para maiores denuncian o ingreso de residentes dependentes facéndoos pasar por autónomos
Os empregados da residencia mista para maiores de Ferrol demandan á Consellería de Política Social que dote ao centro de máis profesionais para “garantir as condicións laborais” e de “calidade asistencial” aos residentes”.
Os empregados da residencia mista para maiores de Ferrol demandan á Consellería de Política Social que dote ao centro de máis profesionais para “garantir as condicións laborais” e de “calidade asistencial” aos residentes.
O sindicato CIG expón que os auxiliares de enfermería remitiron ao goberno galego un escrito no que reclaman á Xunta que adopte medidas para corrixir as carencias tanto de persoal como de medios no centro, así como fallos estruturais. Con todo, e aínda que a petición data do pasado xullo, a administración galega non deu ningún tipo de resposta aos rogos do sector.
O colectivo denuncia que traballan en quendas con persoal mínimo onde o número de traballadores “non se corresponde coas matrices entregadas ao comité”. Á súa vez, os cocientes de persoal non se adecúan á carga de traballo, con protocolos inadecuados ou directamente obsoletos.
TRABALLO CON PERSOAS DEPENDENTES
Na mesma liña, desde o comité provincial de Política Social expoñen que se están facendo valoracións de residentes de novo ingreso como persoas autónomas, pero que en realidade son dependentes, con todas as dificultades que iso supón.
Tamén poñen de manifesto o empeoramento nos cambios de quenda nos últimos anos e que estes non van acompañados de compensacións horarias nin económicas por traballos en domingos e festivos. “Traballamos unha media de 10 días máis ao ano en comparación con 2007”.
Por último, tamén que o investimento realizado non sexa en propaganda –como vén dando ata agora– e que se invista en acometer as melloras que necesita o centro.
Escribe o teu comentario