Galicia ten a maior porcentaxe de prazas residenciais para maiores e dependentes de España

En Marea esixe á Xunta un aumento das prazas e os medios nas residencias públicas para persoas maiores e dependentes 


|

Paula Vázquez Verao, deputada de En Marea, en rolda de prensa


En Marea esixe un incremento dos medios que a Xunta de Galicia destina ás residencias de maiores e dependentes despois de detectar un "alarmante descenso" das prazas públicas xestionadas de forma directa polo goberno galego. 


A formación identifica tamén un "incremento dos incumprimentos" en materia laboral, unha "sobrecarga" de traballo e unha "diminución na calidade" do servizo a raíz do informe de fiscalización sobre o sistema residencial publicado polo Consello de Contas. 


A deputada Paula Vázquez Verao reclamou unha "aposta decidida" do Goberno autonómico por unha xestión directa que "poña freo aos problemas que se producen nas instalacións concertadas e nas non xestionadas pola Administración". Segundo os datos que achega En Marea hai 230 centros residenciais para persoas maiores, dos que "unicamente" 31 dependen da Xunta, aínda que só 19 son xestionados de forma directa polo Goberno galego. "A maioría de prazas residenciais para persoas dependentes do sistema están a ser xestionadas de forma indirecta en centros propios da Xunta (1.262) ou son concertadas (3.412)", argumentan.


"En Marea insta á Xunta a mellorar os cocientes e as condicións do persoal das residencias da rede pública", así como a regular os descansos do persoal, que repercuten directamente, din, sobre "a saúde laboral do persoal e sobre a calidade dos servizos públicos, dificulta a conciliación e incrementa os niveis de tensións e o risco de accidentes laborais". Segundo o informe do Consello de Contas produciuse "un descenso" do gasto público destinado a este persoal. 


Así as cousas, a formación reclama ao goberno de Núñez Feijóo que "deixe de lado os concertos e realice unha aposta decidida pola xestión directa", lembrando que Galicia conta actualmente co maior porcentaxe de prazas residenciais privadas para maiores e dependentes do estado


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE