Accidente laboral en Riotorto: morre un traballador atrapado por unha procesadora forestal
O suceso produciuse ao redor das 11:30 horas na Ermida e foi outro operario o que deu a voz de alarma.
Un traballador perdeu a vida no lugar da Ermida, no municipio lucense de Riotorto, tras ser alcanzado por unha procesadora forestal.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 11.30 horas deste xoves e foi un compañeiro do falecido o que deu a voz de alarma.
O compañeiro explicou que o home foi alcanzado pola procesadora forestal nunha zona de difícil acceso e, aínda que non estaba atrapado, indicou que podía falecer.
A central de emerxencias alertou aos Bombeiros de Barreiros, ao GES da Pontenova, á Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Unha vez no punto, os profesionais só puideron confirmar o falecemento do traballador.
Escribe o teu comentario