Por que deixou a DXT a Galicia sen helicóptero Pegasus? CSIF esixe responsabilidades por non ter vixilancia aérea

A aeronave da Coruña é unha do nove afectadas en todo o territorio nacional.


|

Dgt helicoptero
Foto: EP

 

Esta semana chegou ao seu fin o contrato para o mantemento dos helicópteros da Dirección Xeral de Tráfico (#DXT). Isto tradúcese en que hai nove aeronaves menos vixiando os ceos neste momento. Os herlicópteros da Unidade de Medios Aéreos (UMA) levan en terra desde o 1 de setembro ao terminar o acordo e sen que se adxudicou un novo, algo que sorprendeu á Central Sindical Independente e de Funcionarios (#CSIF), que esixe explicacións por esta circunstancia.

 

 

VELLOS E EN TERRA

O sindicato pide coñecer os motivos polos que Galicia, como outros puntos do territorio nacional, están hoxe sen cobertura aérea nos labores de control de tráfico e seguridade viaria. Desde CSIF recalcan que sen este medio queda comprometida "a vixilancia das estradas e a resposta rápida ante incidentes".

 

 

A DXT puntualizou que, a pesar de que os helicópteros non están operativos, os drones da Dirección Xeral de Tráfico seguían cubrindo o espazo aéreo, aínda que desde o sindicato manifestan que esas funcións non poden ser asumidas na súa totalidade polos drones.

 

Drones dgt
Foto: EP

 

"O sindicato responsabiliza aos responsables de Tráfico pola falta de previsión á hora de convocar un novo concurso de mantemento e esixe á Mesa Delegada de Tráfico explicacións sobre os prazos para que a flota volva estar operativa", recalcan desde CSIF na súa nota, onde reclaman ademais renovar a flota de helicópteros pola súa antigüidade.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE