Así llo confirmaron a Galiciapress dúas fontes diferentes do colectivo de familiares, que vive unhas horas de angustia ante a falta de información oficial.As dúas fontes coinciden en falar de varios casos de coronavirus, aínda que estiman que é pronto para concretar o número de afectados porque toda a información flúe extraoficialmente entre os grupos de redes sociais dos familiares.Galiciapress xa se puxo en contacto con Política Social e Domus VIN para confirmar a noticia, sen recibir resposta por agora, aínda que a Xunta indica que remitirá información oficial en cuestión de minutos.Desde a Federación Galega de Usuarios e Familiares de Residencias e Dependencia (REDE) confirmaron a Galiciapress o brote.
Faltan máis de 70.000 prazas en residencias para persoas maiores en España, segundo a Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, unha cifra da cal case 15.000 prazas pertencen a Galicia, a terceira comunidade con máis déficit para lograr a cociente de 5 prazas por cada 100 persoas maiores que recomendan os organismos internacionais.
Sindicatos das residencias DomusVi, unha das dúas grantes firmas de xeriátricos en Galicia, alertan da pobre atención que reciben as persoas maiores en varias das súas residencias. Unhas queixas que, en conversación con Galiciapress, rebate o grupo, enarborando o seu expediente inmaculado, pero que confirma un familiar dunha das usuarias da residencia de Santiago.