Máis oposicións baixo sospeita en Galicia: denuncian presuntas "irregularidades" no proceso da Policía Local

Diego Calvo confirma a apertura dunha investigación despois dunha denuncia anónima sobre as oposicións. 


|

Diego Calvo y Alfonso Rueda entre agentes de la Policu00eda Local
Diego Calvo e Alfonso Rueda entre axentes da Policía Local | Foto: Xunta

 

A Xunta de Galicia confirma o xerme dun novo escándalo nos procesos selectivos na comunidade. Coa Fiscalía da Coruña avaliando as oposicións da Seguridade Social do pasado outono ante a sospeita de que un número significativo de examinados trampearon a súa proba co uso de sistemas de comunicación -25 das 50 mellores notas do Estado déronse na Coruña, con respostas calcadas entre os opositores-, agora son o test da Policía Local os que se someterán ao escrutinio das autoridades, ante as novas dúbidas arrichadas sobre este proceso.

 

 

TRAMPAS ENTRE Os FUTUROS AXENTES?

O Goberno de Galicia vén de confirmar este extremo, adiantado polo diario A Opinión, pois unha denuncia anónima provocou a apertura dunha investigación en torno ao proceso das oposicións á Policía Local a fin de discernir si pode existir algunha irregularidade nesta fase. 

 

 

De momento, desde San Caetano precisan que durante o transcurso da prubea "non se atopou ningunha irregularidade". O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, subliña que a denuncia "non achegaba ningún tipo de proba", pero que a mera comunicación xa significa a apertura dunha investigación.

 

Archivo - Pruebas de selección en Silleda para el cuerpo de la Policía Local
Arquivo - Probas de selección en Silleda para o corpo da Policía Local


"Máis aló da denuncia fíxose unha investigación no seu momento e non atopouse irregularidade, pero estamos a investigar de novo como é o proceso", remarca Calvo, asumindo que é o protocolo establecido "para, se se atopa algunha irregularidade, dar traslado aos órganos correspondentes". Ao tempo, suxire que tamén serán sometidos a análise os propios protocolos "para evitar estas situacións".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE