Todos os positivos en residencias de maiores serán trasladados a centros de Santiago e Ourense
A Xunta de Galicia concentrará en dúas residencias integradas a usuarios de residencias da terceira idade que dean positivo en coronavirus para que "poidan ser tratados de forma máis medicalizada" e cun coidado "máis directo".
Na capital de Galicia estarán nunha residencia pública, que acollerá aos positivos de Lugo e A Coruña. En Ourense estarán nunha residencia privada da Fundación San Rosendo, que acollerá aos casos de Ourense e Pontevedra.
Residencia de maiores Porta do Camiño en Santiago de Compostela
Así o anunciou nunha rolda de prensa ofrecida na tarde deste martes o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, que destacou que estes centros "terán un control sanitario máis intenso".
Feijóo explicou que lvos usuarios de residencias que dean positivo nas provincias de Pontevedra e Ourense serán situados nunha residencia integrada que se habilitará no centro da Fundación San Rosendo, en Baños de Molgas (Ourense), unhas instalacións que aínda non foron estreadas.
Pola súa banda, lvos que estean infectados nas provincias da Coruña e Lugo serán situados na residencia Porta do Camiño de Santiago de Compostela, cuxos actuais inquilinos serán trasladados ao Hotel Congreso de Teo (A Coruña).
(Haberá ampliación)
Escribe o teu comentario