Ao tempo que Portugal celebraba orgullosa a efeméride da revolución dos cravos do 25 de abril, e que no ano 1.974 puxo fin a longa ditadura salazarista, os cidadáns dos pobos de España podíamos comprobar, unha vez mais, como os diferentes tránsitos da ditadura á democracia en España e Portugal trouxeron dispares efectos políticos que, ao día de hoxe, condicionan a axenda democrática de xeito moi desigual en cada un dos dous estados.En Portugal deuse unha auténtica revolución que foi quen de derrubar os piares do estado fascista, mentres que en España - aínda que as clases traballadoras coas súas mobilizacións tiveron un papel relevante - serían as elites franquistas, encabezadas pola coroa borbónica, quen liderarían o tránsito da ditadura á democracia. Un tránsito que deixaría practicamente incólume as bases de poder da ditadura -exército, policía, xudicatura, airexa católica e que rematarían condicionando a natureza da propia democracia española.
O monarca emérito non organizou ningún acto oficial este venres
O monarca emérito recibiu "encantado" o nomeamento, que comparte co seu fillo, Rajoy e Del Bosque.
Participa no Trofeo Príncipe de Asturias a bordo do Bribón Movistar, un veleiro construído en Galicia.