O ano pasado os dous centros hospitalarios vigueses sufriron os efectos da epidemia de gripe, que desbordou por completo a capacidade da área sanitaria olívica para absorber tal cantidade de pacientes, como ocorreu noutras áreas galegas. Aínda que hai outros aspectos que sen dúbida xogan un papel fundamental á hora de facer fronte a estes colapsos, que os profesionais e pacientes conten cun bo número de camas e en boas condicións xa é significativo.