A xuízo un avogado por presuntamente apropiarse das indemnizacións dos seus clientes
A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña xulgará o martes, por apropiación indebida, a un avogado que presuntamente se apropiou das indemnizacións que lles correspondían a tres dos seus clientes. Por estes feitos, o fiscal pide para el dous anos deprisión.

Os feitos remóntanse ao ano 2006 cando os denunciantes contrataron os servizos xurídicos dun letrado para un xuízo no que se fixou, para eles, indemnizacións de entre 5.000 e 2.500 euros, máis intereses.
Despois da celebración do xuízo, o letrado pasoulle o asunto ao seu compañeiro de despacho, o acusado, que se encargou da execución da sentenza.
En novembro dese ano, fíxose mandamento de pago das citadas cantidades, que foron entregadas ao acusado, pola súa condición de letrado. Posteriormente, xa en 2007, tamén se ordenou o pago doutras cantidades.
Segundo Fiscalía, o avogado, a pesar de recibir estas cantidades de diñeiro, "e coa finalidade de obter un enriquecemento patrimonial ilícito, quedou no seu patrimonio a indemnizacións".
Escribe o teu comentario