Seis persoas ingresadas no HULA tras intoxicar con deterxente nunha pulpería durante o San Froilán
Os feitos sucederon o venres pola noite nunha pulpería da Ronda das Fontiñas
Seis persoas foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti (HULA) tras intoxicar cun café contaminado con deterxente durante as festas de San Froilán, en Lugo.
Os feitos, tal e como adiantou 'O Progreso' e confirmou Europa Press, sucederon o venres pola noite nunha pulpería da Ronda das Fontiñas.
As seis persoas afectadas foron trasladadas ao HULA, onde permanecen en observación mentres se lles realizan distintas probas médicas para determinar o grao de afección.
Pola súa banda, fontes da Consellería de Sanidade consultadas por Europa Press, avanzaron que a Dirección Xeral de Saúde Pública iniciará as accións pertinentes de inspección de seguridade alimentaria.
Escribe o teu comentario