A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) anunciou manifestacións para este luns 30 de setembro ás portas das delegacións de Correos en varias cidades españolas. Galicia será unha das Comunidades Autónomas onde haberá concentracións.
O hospital do SERGAS en Verín, o hospital do SERGAS en Valdeorras e a central da Axencia de Doazón de Órganos de e Sangue en Santiago de Compostela. Estes son algúns dos clientes do sector público de EME Seguridade en Galicia, segundo fontes da Federación de Traballadores da Seguridade Privada consultadas por Galiciapress. Unha compañía que arrastra problemas de liquidez e denuncias por falta de pagamentos aos seus empregados.
Os representantes da Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) concentráronse onte ante a sede da Axencia Tributaria na cidade herculina no marco das súas protestas pola situación económica que atravesa a terceira empresa de seguridade a nivel nacional.
A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) convocou unha concentración este luns ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria da Coruña para os vixiantes de seguridade de Ombuds, a terceira empresa de seguridade privada do país, sumida nunha profunda crise económica.
Os traballadores piden que, como o supermercado, rescíndanlles as adxudicacións e se subrroguen os postos de traballo a un novo contratista.Uns 300 vixiantes se seguridade operan en Galicia cos uniformes de Ombuds e levan semanas protestando contra a falta de pagamentos dos seus salarios.
Correos, Axencia Tributaria e Servizo de Vixilancia Aduaneira son algunhas das administracións nas que traballan Ombuds Seguridade en Galicia. En opinión de Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) deberían rescendirle xa as adxudicacións.
A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira convocou mobilizacións en diversas cidades de España para esixir aos clientes de OMBUDS Seguridade a rescisión dos contratos pola delicada situación económica que atravesa a terceira empresa de seguridade a nivel nacional, provocada polas débedas contraídas con Facenda e Seguridade Social e que condicionan o pago das nóminas.
A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) considera que a rescisión dos contratos por parte dos clientes da empresa e que estes sexan adxudicados por “outras empresas máis solventes” é a única medida “beneficiosa para os traballadores” ante a “difícil situación financeira da empresa”.