Centos de vixiantes de seguridade protestan contra Ombuds, que perderá o contrato de Carrefour (vídeo)
Os traballadores piden que, como o supermercado, rescíndanlles as adxudicacións e se subrroguen os postos de traballo a un novo contratista.Uns 300 vixiantes se seguridade operan en Galicia cos uniformes de Ombuds e levan semanas protestando contra a falta de pagamentos dos seus salarios.
As mobilizacións, como a realizada esta mañá na Coruña, empezan a facer efecto na empresa de seguridade Ombuds. Un dos seus principais clientes privados, Carrefour, vai retirar o contrato desde o 8 de agosto, segundo o sindicato FTSP-USO.
Precisamente diante do Carrefour de Alfonso Molina desenvolveuse a concentración de hoxe. Acudiron un centenar de traballadores e sindicalistas, segundo a central. Os manifestantes portaron unha cruz na que 'crucificaron' como símbolo uno dos seus uniformes.
O sindicato márcase como obxectivo final lograr "estabilidade laboral dos máis de 7000 traballadores que actualmente prestan servizo para os diferentes clientes da empresa OMBUDS".
RECLAMACIÓN A VARIAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Entre eses clientes están tamén administracións, no caso de Galicia oficinas de Correos, RTVE e a Axencia Tributaria. Os traballadores piden que, como o supermercado, rescíndanlles as adxudicacións e se subrroguen os postos de traballo a un novo contratista.
Uns 300 vixiantes se seguridade operan en Galicia cos uniformes de Ombuds e levan semanas protestando contra a falta de pagamentos dos seus salarios. Segundo eles, a firma está próxima á quebra e entrará pronto en concurso de acredores.
Seguimos #USOEnLucha no Carrefour de #ACoruña porque #ombudsnopaga @ftspuso pic.twitter.com/wrhddOc9r7
— USO Galicia (@USOGalicia) 22 de xullo de 2019
Escribe o teu comentario