​FTSP-USO alerta que os empregos de 7.000 vixiantes de OMBUDS Seguridade están en perigo

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) considera que a rescisión dos contratos por parte dos clientes da empresa e que estes sexan adxudicados por “outras empresas máis solventes” é a única medida “beneficiosa para os traballadores” ante a “difícil situación financeira da empresa”. 


|

A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) considera que a rescisión dos contratos por parte dos clientes da empresa e que estes sexan adxudicados por “outras empresas máis solventes” é a única medida “beneficiosa para os traballadores” ante a “difícil situación financeira da empresa”.


Ombuds vixiante




Vixiante de Ombuds nunha imaxe  na web do sindicato | FTSP USO


O obxectivo principal do sindicato é “a estabilidade laboral dos máis de 7.000 traballadores que actualmente prestan servizo para os diferentes clientes da empresa OMBUDS en todo o territorio nacional”. Do mesmo xeito, FTSP-USO apela á posibilidade de garantir a subrogación dos servizos “a empresas máis solventes coa consecuente percepción dos seus salarios en tempo e forma”.


De levarse a cabo a medida que propoñen desde o sindicato, as delegacións de Facenda de Galicia veríanse abocadas a romper os contratos con OMBUDS, encargada da seguridade dos recintos. Ese é un dos moitos contratos públicos da empresa.


Desde o sindicato poñen o foco en empresas como a propia OMBUDS á que acusan de non ter “viabilidade económica a curto-medio prazo”, algo que se acaba traducindo en “falta de pagamentos de salarios, perda de empregos, aumento da débeda fiscal e, por conseguinte, maior dificultade para os clientes para poder contratar con outras empresas”. Por este motivo piden aos organismos competentes que non “alonguen a vida” a este tipo de empresas.


“A ÚNICA SAÍDA”

“Esta medida que postula a FTSP-USO é a única que evitaría que os traballadores sufrisen e padecesen meses de falta de pagamentos paliando así o aumento da débeda fiscal e gastos ao FOGASA, que finalmente saen do salario da cidadáns vía impostos”, sinala o sindicato.


Na mesma liña, recalca que o concurso de acredores e levar aos traballadores á cobranza de salarios do FOGASA “é unha solución evitable para a maioría dos traballadores” e pon a pelota no tellado dos clientes, considerando que depende deles “evitar un desastre laboral” que significaría a caída da terceira empresa de seguridade do país.


Ante esta situación límite, o organismo sindical tamén aprema aos implicados a tomar unha decisión inmediata. “Debido ao obrigado cumprimento á sentenza do Tribunal Supremo que obriga ás empresas que se fagan cargo dos servizos para asumir os custos da débeda por a falta de pagamento de salarios e cotizacións á TGSS da empresa saínte, parécenos imprescindible axilizar a toma de decisións nun prazo curto de tempo”, reclama.


Doutra banda, tamén subliñan que en FTSP-USO están “programando e organizando as pertinentes medidas” contra todos aqueles clientes “que eludan as súas responsabilidades subsidiarias ou non tomen as medidas necesarias para liquidar un problema que de xeito evidente se converterá nun conflito laboral importante”.


PROBLEMAS DA súa FILIAL

FTSP-USO xa advertiu no pasado das prácticas de OMBUDS Seguridade. Concretamente da súa filial, OMBUDS Servizos Auxiliares, denunciada polo sindicato por burlar a subida do salario mínimo. A filial é a encargada de, por exemplo, os auxiliares de servizo nos Carrefour de Galiciacomo confirmou para este medio Iván Blanco, secretario de organización estatal de FTSP-USO.


Ademais da filial de OMBUDS, o sindicato denunciou ás empresas Bilur 2000 e INV, antiga Seguriber, todas elas filiais de empresas matrices de seguridade privada. No caso de OMBUDS Servizos Auxiliares a empresa foi denunciada por non respectar a subida salarial, mentres que a outras dúas empresas “a trampeaban”, segundo o sindicato. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE