Vixiantes piden rescindir contratas públicas a Ombuds ante a súa "inminente quebra"
Correos, Axencia Tributaria e Servizo de Vixilancia Aduaneira son algunhas das administracións nas que traballan Ombuds Seguridade en Galicia. En opinión de Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) deberían rescendirle xa as adxudicacións.
Correos, Agencia Tributaria e Servicio de Vigilancia Aduanera son algunhas das administracións nas que traballan Ombuds Seguridade en Galicia. En opinión de Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) deberían rescendirle xa as adxudicacións.
O sindicato alerta da "a súa inminente quebra por falta de liquidez e as cuantiosas débedas con Facenda e Seguridade Social". A empresa non respondeu por agora a este novo comunicado de FTSP-USO.
O día 22 de xullo haberá unha protesta ante o Carrefour de Alfonso Molina na Coruña. A distribuidora francesa é un dos principais clientes privados da compañía de vixilancia. En toda España, hai convocada outra ducia de mobilizacións similares.
Iván Blanco, secretario de organización explica que “será o pistoletazo de saída" para "conseguir a estabilidade laboral e salarial dos máis de 7000 compañeiros e compañeiras de Ombuds en todo o territorio nacional, dos que ao redor de 300 están en Galicia".
A central entende que as negociacións de Ombuds coa banca para conseguir liquidez están condenadas ao fracaso. Está claro que as protestas non contribúen a que a empresa convenza á banca da súa viabilidade pero FTSP-USO razoa que "para nós o primeiro son os traballadores, os seus salarios, e a preservación dos empregos mediante unha pronta subrogación dos servizos”.
Escribe o teu comentario