FTSP-USO cifra a débeda de Ombuds cos vixiantes de seguridade galegos no medio millón de euros
A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) convocou unha concentración este luns ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria da Coruña para os vixiantes de seguridade de Ombuds, a terceira empresa de seguridade privada do país, sumida nunha profunda crise económica.

Vixiante de Ombuds | Foto: FTSP-USO
A concentración terá lugar esta mañá ás 11:30 horas co fin de buscar unha “solución” ante a delicada situación na que se atopa a empresa de seguridade, actualmente en concurso de acredores. Á súa vez, a intención é atopar unha saída que resulte o “máis beneficiosa” posible para os seus traballadores.
Para o sindicato, a única porta aberta segue sendo a recisión dos contratos que ten Ombuds e que estes pasen a outras empresas máis solventes que poidan asumir a adxudicación dos contratos e afronten o pago dos empregados en tempo e forma, unha medida que leva reclamando FTSP-USO desde principios de xullo.
O sindicato persegue desde hai meses a “estabilidade laboral” dos traballadores e cifra xa a débeda de Ombuds cos vixiantes galegos en 500.000 euros, sen ter en conta a falta de pagamento de seguros sociais, que supoñen unha débeda de cotas desde o pasado mes de abril.
Escribe o teu comentario