Os traballadores de Ombuds toman A Coruña e anuncian novas concentracións
Os representantes da Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) concentráronse onte ante a sede da Axencia Tributaria na cidade herculina no marco das súas protestas pola situación económica que atravesa a terceira empresa de seguridade a nivel nacional.

Os traballadores de Ombuds esixen nas súas reivindicacións a rescision dos contratos que ten acutalmente a empresa de seguridade e que estes pasen a empresas máis solventes que poidan asumir a concesión dos mesmos, así como o salario dos traballadores.
Esta é a alternativa "máis beneficiosa para os vixiantes de seguridade" segundo o sindicato. Para FTSP-USO esta saída é a mellor ante a " difícil situación financeira da empresa, que se atopa en situación de concurso de acredores" e que é a mellor vía para alcanzar unha "estabilidade laboral". Antes da concentración, o sindicato cifrou en torno ao medio millón de euros a débeda da empresa cos seus traballadores só en Galicia, o que permite albiscar a delicada situación da compañía.
Con estas previsións, o sindicato xa avanzou unha próxima concentración, que terá lugar en Santiago de Compostela ante a sede de Correos.
Escribe o teu comentario