​Nadia Calviño

Todo os ministros do PSOE, Calviño incluída, apoian a Iglesias tras a súa posible imputación no caso Dina


Por agora non se aprecian gretas entre os socios de goberno ao fío da petición dun xuíz ao Supremo para investigar ao vicepresidente. A galega Nadia Calviño, cuxas políticas a miúdo cuestiona Podemos, evita calquera crítica ao seu compañeiro de gabinete, seguindo así a liña marcada por Pedro Sánchez. O presidente, a quen PP pide o cesamento de Iglesias, di non sentirse preocupado polo revés xudicial do seu socio e subordinado. 

A vicepresidenta terceira do Goberno, a galega Nadia Calviño, será candidata á presidencia do Eurogrupo

A coruñesa será proposta para liderar o organismo, unha responsabilidade que, en palabras de Sánchez, "nunca exerceu España e que tampouco desempeñou antes unha muller". O Goberno conta co resapldo de PP, Cidadáns e Vox para a candidatura da vicepresidenta. 

Yolanda Díaz, como ministra, e Nadia Calviño, como vicepresidenta, son as galegas que soan para o novo Goberno


Fontes da confluencia morada en Galicia confirman a Galiciapress que a ferrolá é a que ten máis opcións de entre as súas filas. Calviño, pola súa banda, ocuparía unha das tres vicepresidencias que a rumoroloxía atribúe ao hipotético novo goberno.

Talentia Summit, foro de emprego cun centenar de empresas
Un centenar de empresas participarán do 21 ao 23 de outubro no Talentia Summit 2019, un foro sobre a xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego que prevé reunir en Santiago á ministra de Economía en funcións, Nadia Calviño, e a destacadas personalidades do mundo empresarial.
A ministra Nadia Calviño xa non é candidata a dirixir o Fondo Monetario Internacional
O Goberno retirou a candidatura da galega Nadia Calviño a dirixir o Fondo Monetario Internacional (FMI), co obxectivo de conseguir un consenso europeo, informou este venres o Palacio da Moncloa.
A ministra galega Calviño pode saír do Goberno tras ser nomeada presidenta dunha institución europea


Hai tempo que se rumorea que Calviño estará entre os que saian do goberno de Sánchez rumbo a Bruxelas. O nomeamento á fronte do BERD, aínda que compatible co ministerio, aviva as especulacións do seu retorno a Bélxica.

O PPdeG pactará con Vox para gobernar nos concellos, advirten os socialistas

O xiro ao centro escenificado o sábado por Casado en Galicia non é crible, sinala Gonzalo Caballero. O líder socialista alerta que os conservadores pactarán coa ultradereita se a necesitan para conquistar o poder, como sucedeu en Andalucía e como querían facer no Estado ata o seu desastre do #28A.

Así pode ser o novo goberno de Pedro Sánchez

Á espera de ver se o PSOE logra o apoio de Podemos sen darlle voz no Executivo, xa soan algunhas 'ministrables' como María Jesús Montero, Dolores Delgado ou Irene Lozano.

A ministra coruñesa Calviño confirma que o presidente ofreceulle ser candidata
O PSdeG trasladada a súa "lealdade e apoio" á ministra no ámbito no que "considere que debe estar presente"
​Ana Miranda: “Temos que parar xa a reforma electoral porque supón a fin da diversidade no Parlamento Europeo”

Nas procelosas augas da política en Bruxelas, Ana Miranda é unha das voces galegas que mellor navega. Nesta entrevista con Galiciapress, a eurodeputada do Bloque aborda o seu futuro de cara as eleccións do próximo ano, que poden estar marcadas por unha reforma que llo poría moi difícil a todos os nacionalistas. A reforma dos fondos europeos, o Pazo de Meirás e o papel dos novos ministros de Pedro Sánchez son outros temas desta conversa.

Unha coruñesa con experiencia en Bruselas, nova ministra de Economía

Nadia Calviño será ministra de Economía no Goberno de Pedro Sánchez, confirmaron fontes da dirección socialista. Actualmente é directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea.



Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE