Unha coruñesa con experiencia en Bruselas, nova ministra de Economía

|

Nadia calviu00f1ou economu00eda 05062018


Nadia Calviño será ministra de Economía no Goberno de Pedro Sánchez, confirmaron fontes da dirección socialista. Actualmente é directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea.


Licenciada en Economía pola Universidade Complutense de Madrid e en Dereito pola UNED, Calviño ocupou o cargo de directora xeral de Defensa da Competencia, dependente do Ministerio de Economía, entre maio de 2014 e agosto de 2016, durante o mandato de Pedro Solbes.


En Bruxelas, foi subdirectora de Competencia desde setembro do 2006 a outubro de 2010, cargo que deixou para ocupar ata abril de 2014 o cargo de subdirectora de Mercado Interior e Servizos. 


Desde maio de 2014 ata a actualidade, era a directora xeral de Orzamentos da Comisión Europea.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress