A ministra Nadia Calviño xa non é candidata a dirixir o Fondo Monetario Internacional
O Goberno retirou a candidatura da galega Nadia Calviño a dirixir o Fondo Monetario Internacional (FMI), co obxectivo de conseguir un consenso europeo, informou este venres o Palacio da Moncloa.
A coruñesa Nadia Calviño seguirá como ministra de Economía en funcións. España retira a súa candidatura na disputada competición por ser o nome que a UE propoña para dirixir o poderoso FMI.
O Goberno retirou a candidatura da galega Nadia Calviño a dirixir o Fondo Monetario Internacional (FMI), co obxectivo de conseguir un consenso europeo, informou este venres o Palacio da Moncloa.
"O Goberno aposta por lograr un acordo europeo, sen que a ministra de Economía Nadia Calviño participe na seguinte fase", sinalaron as fontes, recalcando que "España estará sempre disposta a promover o consenso entre os países da UE para elixir unha candidatura común".
Iso si, recalcaron que "o Goberno de Pedro Sánchez seguirá traballando para impulsar a gobernanza dos organismos internacionais e considera unha honra que calquera dos seus integrantes poida ser considerado, agora e no futuro, como unha garantía ao máis alto nivel para o seu funcionamento".
Escribe o teu comentario