Borja Verea (Santiago de Compostela, 1980) lidera a oposición en Santiago de Compostela onde só unha diferenza de dous edís sepáranlle da maioría no pleno. A porta que abriu Gonzalo Muíños esta semana, ao afirmar que só apoiarían unha moción de censura no Pazo de Raxoi se Mercedes Rosón terminase como alcaldesa, foi atendida por un PP que cedía o bastón de mando a fin de provocar a caída de Goretti Sanmartín e a entrada do seu equipo nas concellarías. A resposta dos populares foi descartada polo non adscritos e Galiciapress entrevista a Verea para coñecer as súas impresións tras dous días nos que parecía moi próximo o cambio a corporación en Santiago. A súa proposta para un novo goberno, a "nefasta xestión" que, asegura, impera no Concello de Santiago ou asuntos como a taxa turística ou o transporte urbano, outros asuntos da conversación.
O presidente da Deputación da Coruña sacou case 40 puntos de vantaxe a Mercedes Rosón. En Ourense haberá segunda volta.
Os socialistas de Lugo e Pontevedra renovan este domingo os seus órganos provinciais tras a elección de Gonzalo Caballero como secretario xeral.
Formoso quere unha lista de consenso, pero avanza que contará con Mercedes Rosón se non a hai e el gana.
Varios dos candidatos apostan por Mercedes Rosón tras varios contactos sen Formoso, que segue "aberto a integrar".