Marta Gontá

Marta Gontá, Ulloa Viva: "Deben aceptar que Altri nunca se vai a instalar aquí e non é unha opción"

Marta Gontá é miembo da Plataforma Ulloa Viva, unha organización social que se opón á instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. Unha semana despois da manifestación que reuniu a 100.000 persoas en Santiago de Compostela contra o proxecto fabril, Marta Gontá reclama, como a maioría de veciños e veciñas, unha reunión cos representantes políticos da Xunta e coa mesma empresa aos que "enviamos cartas desde 2022" pero non recibiron resposta. Non comprende tanto ela como a Plataforma e moita outra xente por que agora tanto a empresa como a Xunta din "esperemos aos informes técnicos", cando no seu momento Altri parecía ir adiante mesmo saltar o informe de impacto ambiental.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE