Galiciapress entrevista a Luís Rei (1958) candidato de Marea de Pontevedra para tentar desbancar a Lores do goberno municipal. Aínda que as enquisas seguen posicionando ao BNG como primeira forza en Pontevedra, a marea pode ser unha das chaves do futuro goberno local. O alcaldable avoga pola saída de Ence da ría de Pontevedra de forma pactada, considera que desde o concello non levaron a cabo medidas efectivas para loitar contra o desemprego e posiciónase como defensor do rural pontevedrés e polas familias afectadas pola construción da A-57.
María Teresa Casal García, ex-líder do PSdeG en Pontevedra, presentarase pola Marea de Pontevedra. Así o confirmaron hoxe a política e a confluencia en rolda de prensa.