A Marea ficha á ex-líder do PSOE en Pontevedra

María Teresa Casal García, ex-líder do PSdeG en Pontevedra, presentarase pola Marea de Pontevedra. Así o confirmaron hoxe a política e a confluencia en rolda de prensa.


|

María Teresa Casal García, ex-líder do PSdeG en Pontevedra, presentarase pola Marea de Pontevedra. Así o confirmaron hoxe a política e a confluencia en rolda de prensa.



Maria teresa casal pontevedra marea


A fichaxe de Casal aínda ten que ser ratificado, no seu caso, pola asemblea desta forza. O número dous da lista non pasou polas primarias e a dirección tiña a facultade de propoñer un nome, que é o de Casal, con quen se mantiña negociciones hai tempo.


A ex-socialista -que foi tenente de alcalde na coalición co BNG durante dúas lexislaturas- deixou o PSOE por problemas coa dirección local e abandonou temporalmente a política por un grave problema de saúde en 2011. Hoxe xustificou o cambio argumentando que quere participar nun espazo político no que senta agusto e que atopou ese espazo na confluencia. 


Desde a Marea de Pontevedra sacan peito pola fichaxe, facendo ver que implica que non se conforman con ser unha parte secundaria no taboleiro político local (BNG 12 concelleiros, PP 7, PSOE 3, Marea 2 e Cidadáns 1) senón que aspiran a liderar un cambio que desbanque a Fernández Lores, alcalde do Bloque desde 1989.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE