A proposta presentada polo BNG no Parlamento reclama ao Goberno estatal a presentación dunha demanda interestatal ante Noruega para que os mariñeiros de Long Hope poidan acceder ás súas prestacións sociais
A asociación ‘Long Hope’ levou as súas reivindicacións á capital do país escandinavo.
A pesar de que en abril se celebrou o xuízo, o tribunal rexeita agora decidir sobre a demanda presentada pola asociación Long Hope.
A asociación 'Long Hope' desprázase a Alacante, onde vive a colonia máis numerosa de noruegueses en España, para dar a coñecer a súa situación.
Admiten que "nunca" esperaron gañar, aínda que non ocultan a súa "decepción". A España recrimínanlle a falta de axuda diplomática e xudicial.
O portavoz da plataforma de mariñeiros afectados asegura que o Tribunal dos Dereitos Humanos é a única saída posible.
O xuízo quedou visto para sentenza en Oslo, e supón o comezo dunha "batalla" legal que terminará en Estrasburgo se non lles recoñecen antes as prestacións.
Non quere que termine sendo un conflito de Estado contra Estado, pero recoñece que a vía xudicial iniciada polos traballadores pode alongarse demasiado.