O Supremo noruegués cala sobre as pensións dos mariñeiros galegos

A pesar de que en abril se celebrou o xuízo, o tribunal rexeita agora decidir sobre a demanda presentada pola asociación Long Hope.


|

Longhopenoruega 1A asociación Long Hope, nunha das súas protestas.


A Corte Suprema de Noruega rexeitou decidir sobre a demanda presentada polos antigos mariñeiros que traballaron no país nórdico, xa que entende que antes deben recorrer nos diferentes tribunais de apelación.


Os mariñeiros, agrupados na plataforma Long Hope, reclaman a Noruega as súas pensións tras traballar durante anos en buques mercantes noruegueses sen recibir protección social. O xuízo celebrouse o pasado mes de abril.


Desde a plataforma consideran que a resposta do alto tribunal noruegués só serve para que o Estado nórdico "gañe tempo" e que non afecta o proceso para a reclamación das súas pensións, xa que a intención de Long Hope continúa sendo chegar ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo.


Así, en declaracións a Europa Press, o portavoz da plataforma, Alberto Pazos, avanzou que en setembro volverán realizar mobilizacións tanto en Galicia coma en Madrid.

relacionada Noruega celebra a festa nacional con protesta dos mariñeiros xubilados
relacionada Long Hope cre que o conflito polas pensións de Noruega terminará en Estrasburgo
relacionada Noruega recoñece que os mariñeiros galegos pagaban impostos pero négalles as súas pensións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE