Sofía, Irene, Julia, Belén e Claudia alcanzan a trintena e atópanse en planos vitais distintos. Unha dúbida se quere ser nai, outra o desexa con todas as súas forzas, outra non atopa a esa persoa especial, outra non sabe que lle pasa, pero algo lle pasa... No medio deste grupo de cinco amigas sitúanos Guada Guerra (Vigo, 1991), que no seu debut literario ha creado unha obra coral e radicalmente xeneracional, onde todos os milenials -e os non tan milenials- poden verse reflectidos en asuntos como a precariedade laboral, a frustración vital ou a presión que exercen as redes. Galiciapress charla coa autora, que aínda ten por diante un mes de abril cargado de presentacións para dar a coñecer 'As cousas que nos pasan' (Praza & Janés), todos eses asuntos que se esconden tamén na música ou nas pequenas cousas.
A plataforma ‘Queremos Galego’ organiza manifestacións en distintos puntos do territorio para visibilizar a situación na que se atopa a lingua.
A escritora e académica da Real Academia Galega Marilar Aleixandre atende a Galiciapress para falar de feminismo, do papel da muller nas letras ou dos episodios machistas que sacudiron recentemente á USC.